II XORNADAS DO ALZHEIMER

venres 10 setembro 2010


 
Desenvolvéronse entre os días 21 de setembro e o 25 do mesmo mes. As actividades que tiveron lugar foron as seguintes:

 

- luns 21: Inauguración dunha exposición de traballos realizados polos usuarios dos talleres da asociación de alzheimer e polos residentes de Sogaserso Chantada.

Inaugurou Susana López Abella, Secretaria Xeral de Benestar e Familia e Mª Concepción Otero, presidenta de AFA CHANTADA.

A exposición estivo toda a semana no Muíño da Alameda en horario de 12 a 14 e de 19 a  21.

 

 - martes 22: proxección do film Iris, no telecentro as 20h

 

 - mércores 23: obradoiros varios para maiores:

*  musicoterapia, impartido por Rosana Fernández que é a psicóloga de Sogaseso;

*  risoterapia, deuno Elisa Fernández, psicóloga de Afalu, asociación de alzheimer de Lugo,  

*  e, adestramento nas actividades diarias;levado a cabo por Rosana Barreiro, terapeuta ocupacional de Afalu.

 

 - xoves 24: mesa redonda sobre “Recursos para o mellor coidado do coidador”,

* Recursos sociais, explicado pola traballadora social de dependencia do Concello de Chantada;

* Apoio psicóloxico a coidadores e familiares de enfermos de alzheimer; impartido por Elisa Fernández, psicóloga de Afalu;

* Coidados de Enfermería, explicado por Ana Ratón, enfermeira cualificada.

 - venres 25: conferencia sobre: “Aspectos legais da enfermidade de alzheimer”, impartida por Antonio Galbany, abogado e vogal da Asociación de alzheimer de Barcelona.

Clausura das xornadas a cargo do tenentealcalde de Chantada Idelfonso Piñeiro, do director técnico de Sogaserso Miguel Angel Vázquez, e Mª Concepción Otero Álvarez  presidenta de AFA Chantada.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado