Historia de Afachantada

xoves 11 febreiro 2010

Nos comezos…….

Un grupo de persoas con familiares enfermos de distintos tipos de demencias e concienciados das tremendas dificultades físicas e psíquicas que conleva a evolución desta enfermidade decidiron crear esta asociación como axuda a todas as familias e cuidadores que están involucrados de forma directa e indirecta no desarrollo desta enfermidade.

No veran do 2003, empezaron as reunións e ó longo de ese mismo año e do seguinte logrouse dar forma á asociación.

O 25-01-2005 nas dependencias cedidas polo Círculo Recreativo e Cultural de Chantada deuse rexistro de forma social á asociación.

Iniciuse con 30 socios , a colaboración de los diversos partidos do concello, e a concelleira de asuntos sociais do momento , decir tamen que nos cederon o primeiro local donde estaba a cruz roxa; e nese momento elixiuse a primeira directiva.

Posteriormente la familia Vilaseco cedeu o local donde actualmente está a oficina da asociación.

Tras diferentes avatares logrouse por  en marcha sin ningún tipo de subvención oficial pero coa participación voluntaria e desinteresada da traballadora social do Centro ocupacional ASDEME.

Posteriormente solicitaron as subvencions que unha vez recibidas serviron para contratar máis persoal e manter as actividades da asociación, xa que as cuotas dos socios non son suficientes para facer frente a tódolos gastos.

 Actualmente a asociación conta cunha administrativa e unha traballadora social contratadas a través dunha subvencion da Xunta de Galicia, ademáis contamos cunha terapeuta ocupacional, dunha psicopedagoga, dunha enfermeira... todas elas en calidade de voluntarias...

Mencionar que a terapeuta ocupacional está facendo unha labor maravillosa cos nosos maiores xa que ela encargase de impartir os talleres de memoria psicomotricidade que se imparten diariamente de luns a venres en horario de 11:30 a 13:00h no Telecentro de Chantada.

Sen máis colabora connosco para poder loitar contra este monstruo do olvido.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado