CHARLAS FORMATIVAS A FAMILIARES E ENFERMOS DE ALZHEIMER

venres 10 setembro 2010

Tiveron lugar os días 26, 27 e 28 de Novembro do 2009, nas cales se trataron os seguintes puntos:

 

“As demencias e o alzheimer”; dada por Araceli Rio, médica en Chantada

 

“Coidados do enfermo de alzheimer”, impartida por Ana Belén Fernández, enfermeira en Chantada

 

“Comportamento do enfermo de alzheimer.Coidado do coidador”, dada por Maxi Rodríguez, psicóloga de Afaga (aprazada sen data)

CURSO: "UN CUIDADOR.DUAS VIDAS"

venres 10 setembro 2010

Este curso tivo lugar 29-30 de maio de 2009, e o 5-6 de xuño de 2009, dito curso foi patrocinado pola Obra social La Caixa, e impartiuno Maxi Rodríguez, psicóloga de Afaga.
O curso estaba dirixido principalmente, a coidadores e  familiares de enfermos dependentes; a asistencia foi favorable, e o contido de dito curso foi moi interesante.

Taller Musica, Memoria e Movemento

xoves 11 febreiro 2010

O vindeiro día 27 de marzo, esta asociación organizará un curso de musicoterapia o cal impartirá Mita Adriana Beutel Cobos, especialista en musicoterapia e expresión corporal, e traballadora profesional dende hai 8 anos no Centro de Xubilados de Caixa Galicia en Coruña.

Dito taller dárase nas dependencias da asociación en horario de 11:00 a 14.00, e logo de 16.00 a 19:00h, o prezo deste taller será de 55€ con comida incluída.

O taller vai dirixido a coidadores, profesionales da area de saúde e estudiantes....

Para anotarse hai unha data límite que será o día 15 de marzo, e os interesados deberán chamar os teléfonos 982462330, 645449724, ou no mail
  mbeutelcobos@yahoo.es

Anímense e anótense, pasarán un momento agradable....

Taller de Autoaxuda e Relaxación

xoves 11 febreiro 2010

Este está destinado a coidadores informales de enfermos dependentes; a finalidade deste taller é proporcionar un tempo de respiro familiar a estas persoas.

Queremos contar coas espectativas de xente interesada para a elaboración das sesións, polo que se levará a cabo unha entrevista previa.

As prazas límitanse a 12, e para anotarse hai  o mes de febreiro para tentar levalo a cabo no mes de marzo.



Curso de conducción eficiente

xoves 11 febreiro 2010

Este curso organizado por Fundación Sotavento, brindanos a ocasión de colaborar con ela no seu desenrolo en colaboración tamen co Concello de Chantada.

O que se levará a cabo en dito curso será:
- aforro medio de carburante do 15%
- diminución global da contaminación
- diminución do risco de accidentes
- aforro en custos de mantemento do vehículo
- aumento do confort no vehículo.....

As prazas son límitadas, 12, estas prazas poderanse repartir en tres grupos de 4 persoas cada un , nos seguintes horarios: - de 3 a5; de 5 a 7; e de 7 a 9;
e quen esté interesado deberá anotarse nas nosas oficinas ou ben por teléfono, antes do 19 de febreiro para levar a cabo o curso o día 3 de marzo.
 AFACHANTADA
Rúa Xoan XXIII nº 7 soto , Chantada
982462330