Historia de Afachantada

xoves 11 febreiro 2010

Nos comezos…….

Un grupo de persoas con familiares enfermos de distintos tipos de demencias e concienciados das tremendas dificultades físicas e psíquicas que conleva a evolución desta enfermidade decidiron crear esta asociación como axuda a todas as familias e cuidadores que están involucrados de forma directa e indirecta no desarrollo desta enfermidade.

No veran do 2003, empezaron as reunións e ó longo de ese mismo año e do seguinte logrouse dar forma á asociación.

O 25-01-2005 nas dependencias cedidas polo Círculo Recreativo e Cultural de Chantada deuse rexistro de forma social á asociación.

Iniciuse con 30 socios , a colaboración de los diversos partidos do concello, e a concelleira de asuntos sociais do momento , decir tamen que nos cederon o primeiro local donde estaba a cruz roxa; e nese momento elixiuse a primeira directiva.

Posteriormente la familia Vilaseco cedeu o local donde actualmente está a oficina da asociación.

Tras diferentes avatares logrouse por  en marcha sin ningún tipo de subvención oficial pero coa participación voluntaria e desinteresada da traballadora social do Centro ocupacional ASDEME.

Posteriormente solicitaron as subvencions que unha vez recibidas serviron para contratar máis persoal e manter as actividades da asociación, xa que as cuotas dos socios non son suficientes para facer frente a tódolos gastos.

 Actualmente a asociación conta cunha administrativa e unha traballadora social contratadas a través dunha subvencion da Xunta de Galicia, ademáis contamos cunha terapeuta ocupacional, dunha psicopedagoga, dunha enfermeira... todas elas en calidade de voluntarias...

Mencionar que a terapeuta ocupacional está facendo unha labor maravillosa cos nosos maiores xa que ela encargase de impartir os talleres de memoria psicomotricidade que se imparten diariamente de luns a venres en horario de 11:30 a 13:00h no Telecentro de Chantada.

Sen máis colabora connosco para poder loitar contra este monstruo do olvido.

Charlas formativas

venres 27 novembro 2009

Actualmente estamos a impartir unhas charlas formativas sobre a enfermidade do alzheimer e das demais demencias, no Telecentro de Chantada.
Onte día 26, tivemos unha charla sobre as diferencias entre o alzheimer e as demais demencias, donde tamen se falou do tratamento do alzheimer, o diagnostico,,,,,esta foi impartida por Araceli Rio Bimbiela, médica do Centro de Saúde de Chantada.
Hoxe día 27, as 19.30 do serán haberá outra charla donde se trataran os coidados de enfermería para enfermos con demencias e alzheimer, que a impartirá Ana Belén Fernández, enfermeira do Centro de Saúde de Chantada.
E mañan de 17:00 a 20:00, haberá un charla sobre " O comportamento do enfermo de alzheimer. O coidado do coidador", impartida por Maxi Rodríguez, psicóloga especializada en psicogeriatria...