Historia de Afachantada

xoves 11 febreiro 2010

Nos comezos…….

Un grupo de persoas con familiares enfermos de distintos tipos de demencias e concienciados das tremendas dificultades físicas e psíquicas que conleva a evolución desta enfermidade decidiron crear esta asociación como axuda a todas as familias e cuidadores que están involucrados de forma directa e indirecta no desarrollo desta enfermidade.

No veran do 2003, empezaron as reunións e ó longo de ese mismo año e do seguinte logrouse dar forma á asociación.

O 25-01-2005 nas dependencias cedidas polo Círculo Recreativo e Cultural de Chantada deuse rexistro de forma social á asociación.

Iniciuse con 30 socios , a colaboración de los diversos partidos do concello, e a concelleira de asuntos sociais do momento , decir tamen que nos cederon o primeiro local donde estaba a cruz roxa; e nese momento elixiuse a primeira directiva.

Posteriormente la familia Vilaseco cedeu o local donde actualmente está a oficina da asociación.

Tras diferentes avatares logrouse por  en marcha sin ningún tipo de subvención oficial pero coa participación voluntaria e desinteresada da traballadora social do Centro ocupacional ASDEME.

Posteriormente solicitaron as subvencions que unha vez recibidas serviron para contratar máis persoal e manter as actividades da asociación, xa que as cuotas dos socios non son suficientes para facer frente a tódolos gastos.

 Actualmente a asociación conta cunha administrativa e unha traballadora social contratadas a través dunha subvencion da Xunta de Galicia, ademáis contamos cunha terapeuta ocupacional, dunha psicopedagoga, dunha enfermeira... todas elas en calidade de voluntarias...

Mencionar que a terapeuta ocupacional está facendo unha labor maravillosa cos nosos maiores xa que ela encargase de impartir os talleres de memoria psicomotricidade que se imparten diariamente de luns a venres en horario de 11:30 a 13:00h no Telecentro de Chantada.

Sen máis colabora connosco para poder loitar contra este monstruo do olvido.

¿Como axudarlle a entender o que os demáis din?

xoves 11 febreiro 2010

* Debemos identificarnos antes de comezar unha conversa,

* Temos que dirixirnos a él polo seu nome para axudarlle a orientarse

* Usemos palabras simples e frases simples e familiares para el

* Debemos falar de forma clara e lenta

* Cando fagamos preguntas, debemos formular dunha en unha, tantas veces como sexa necesario para que el o entenda

* Hai que evitar interrogatorios, expresión literarias, pronomes para referirnos a obxetos concretos, 

* Temos que tratallo con respeto e dignidade, evitanto falarlle en tono de superioridade......

¿ Como se modifica a capacidade de comunicarse cun enfermo de alzheimer?

xoves 11 febreiro 2010

Pois nestes casos, a verdade é que hai maior dificultade para expresar as ideas coas palabras que eles podan entender; cada vez utilízanse máis os xestos que as palabras xa que eles non son capaces de seguir unha conversación con normalidade; tamén debemos usar un lenguaxe moi sinxelo.
E sobre todo hai que ter moita paciencia par poder comunicarse con eles.

¿Como se pode axudar a unha familia cun enfermo de alzheimer?

xoves 11 febreiro 2010

* debemos intentar no perder o contacto cos membros da familia, aínda que tan só sexa cunha chamada telefónica

* ter pequenos detalles de vez en cando con eles

* ofrecerlles axuda para proporcionarlles un respiro familiar

* propoñerlles actividades que lles axuden a relaxarsee descansar

* preocuparse polo coidador e animalo a coidar de sí mesmo.....

Como comprender a enfermidade e aprender a convivir co enfermo.

xoves 11 febreiro 2010

É de carácter importante que os pais potencien a comunicación cos seu fillos sobre o alzheimere a forma na que afecta a sua familia, para poder facerlles comprender que as emocións que están sentindo son normail.

Unha das cousas que se debe facer nos fogares onde haxa un enfermo de alzheimer, é:

- Incrementar a comunicación e o diálogo:
               - sobre a enfermidade
               - sobre as reaccións do avó-avoa...
               - sobre o que aínda poden facer co enfermo....

- Potenciar a súa relación co enfermo e as actividades que poden facer con él:
               - Pasear
               - Axudarlle nas tareas domésticas
               - Estimular a súa memoria e os seus recordos, mediante música, fotos, libros...




Coidados a un enfermo de alzheimer

xoves 11 febreiro 2010


A CONTINUACIÓN MOSTRAMOS ALGUNS COIDADOS QUE HAI QUE TER CUN ENFERMO DE ALZHEIMER. 

1. DEIXE TEMPO LIBRE PARA QUE EL SE VISTA SO.

2. USE ALFOMBRAS ANTIDESLIZANTES E AGARRADEIROS NO BAÑO.

3. RUTINA DIARIA PARA O ASEO E O BAÑO.

4. QUE BEBA LÍQUIDOS, SENON PODE, DARLLE XELATINAS.

5. NON DEIXE QUE SAIA SO Á RÚA.

6. PROCURAR TER AS LUCES ACESAS PARA A ORIENTACIÓN.

7. FALAR CON FRASES SINXELAS E TEMAS AGRADABLES.

8. PRODUCTOS DE LIMPIEZA E OBXETOS PERIGOSOS FORA DO SEU ALCANCE.

9. INDICARLLE O QUE VAI A FACER EN CADA MOMENTO.

10. RECORDARLLE OS PRINCIPAIS ACONTECIMENTOS DO DÍA.

11. PROPOÑERLLE TAREAS SINXELAS SEN RISCO.

........
 

Taller Musica, Memoria e Movemento

xoves 11 febreiro 2010

O vindeiro día 27 de marzo, esta asociación organizará un curso de musicoterapia o cal impartirá Mita Adriana Beutel Cobos, especialista en musicoterapia e expresión corporal, e traballadora profesional dende hai 8 anos no Centro de Xubilados de Caixa Galicia en Coruña.

Dito taller dárase nas dependencias da asociación en horario de 11:00 a 14.00, e logo de 16.00 a 19:00h, o prezo deste taller será de 55€ con comida incluída.

O taller vai dirixido a coidadores, profesionales da area de saúde e estudiantes....

Para anotarse hai unha data límite que será o día 15 de marzo, e os interesados deberán chamar os teléfonos 982462330, 645449724, ou no mail
  mbeutelcobos@yahoo.es

Anímense e anótense, pasarán un momento agradable....

Taller de Autoaxuda e Relaxación

xoves 11 febreiro 2010

Este está destinado a coidadores informales de enfermos dependentes; a finalidade deste taller é proporcionar un tempo de respiro familiar a estas persoas.

Queremos contar coas espectativas de xente interesada para a elaboración das sesións, polo que se levará a cabo unha entrevista previa.

As prazas límitanse a 12, e para anotarse hai  o mes de febreiro para tentar levalo a cabo no mes de marzo.



Curso de conducción eficiente

xoves 11 febreiro 2010

Este curso organizado por Fundación Sotavento, brindanos a ocasión de colaborar con ela no seu desenrolo en colaboración tamen co Concello de Chantada.

O que se levará a cabo en dito curso será:
- aforro medio de carburante do 15%
- diminución global da contaminación
- diminución do risco de accidentes
- aforro en custos de mantemento do vehículo
- aumento do confort no vehículo.....

As prazas son límitadas, 12, estas prazas poderanse repartir en tres grupos de 4 persoas cada un , nos seguintes horarios: - de 3 a5; de 5 a 7; e de 7 a 9;
e quen esté interesado deberá anotarse nas nosas oficinas ou ben por teléfono, antes do 19 de febreiro para levar a cabo o curso o día 3 de marzo.
 AFACHANTADA
Rúa Xoan XXIII nº 7 soto , Chantada
982462330