MOSTRA DOS TRABALLOS QUE REALIZAN NOS TALLERES DIARIOS

xoves 03 decembro 2009

Comentar que día a día os nosos maiores están a realizar unha serie de traballos de interese; por unha parte cabe comentar un libro que fixeron entre todos o cal se chama "FEITO DE MEMORIA.CADERNO DE COCIÑA", neste libro hai un recopilatorio de recetas de cociña dos nosos maiores das cales podemos aprender moito respeto a cociña.
Tamén tendo en conta que se aproximan as navidades, diremos que estan a facer unhas postales para poder felicitalas datas a todo o mundo, éstas vendemolas a 1€.
E bueno como xa dixemos noutras noticias, fan prevención de memoria, e psicomotricidade así como manualidades onde está a facer un crucifixo con pinzas da roupa.....e moitas máis cousassss

CONCERTO BENÉFICO EN CHANTADA

luns 30 novembro 2009

O día 5 de decembro aqui en Chantada terá lugar un concerto benéfico para recaudar fondos para a Asociación, xa que apenas temos cartos para poder levar a cabo todas as actividades que queremos facer....
Os grupos que actuarán son:
*Inerttes de Vigo, pop rock alternativo
*Indana de Santiago de Compostela, rock alternativo
*Los dos Bros de Chantada, concerto acústico.
O local do concerto será o PUB UNDERGROUND, na zona de pubs.
A entrada do concerto son 3euros, 
Por favor asistide para axudarnos con esta causaaaaa
Gracias, Vero e Carmen

ACTIVIDADES DIARIAS DA ASOCIACIÓN

venres 27 novembro 2009

As tareas a desenvolver diariamente nesta asociación pois son:
*na area de oficina, dicir, que temos unha administrativa "Veronica Porto" e unha traballadora social "Carmen Grandio"; as tareas que realizan no seu horario de 10 a 14 de luns a venres son:
-información, asesoramento, tramitación de recursos socias, preparacion de proxectos innovadores etc....
*logo tamén temos unha sección de talleres preventivos que os imparte a Terapeuta Ocupacional Teresa Vázquez, donde a súa labor e intentar retrasar a perdida de memoria ou polo menos tentar parala, ademais tamen dan psicomotricidade, para que a movilidade dos nosos maiores no vaia a menos.
No taller de memoria fan actividades de estimulación cognitiva, manualidades, etc. .
E no de psicomotricidade fan ximnasia básica e faciliña.

Charlas formativas

venres 27 novembro 2009

Actualmente estamos a impartir unhas charlas formativas sobre a enfermidade do alzheimer e das demais demencias, no Telecentro de Chantada.
Onte día 26, tivemos unha charla sobre as diferencias entre o alzheimer e as demais demencias, donde tamen se falou do tratamento do alzheimer, o diagnostico,,,,,esta foi impartida por Araceli Rio Bimbiela, médica do Centro de Saúde de Chantada.
Hoxe día 27, as 19.30 do serán haberá outra charla donde se trataran os coidados de enfermería para enfermos con demencias e alzheimer, que a impartirá Ana Belén Fernández, enfermeira do Centro de Saúde de Chantada.
E mañan de 17:00 a 20:00, haberá un charla sobre " O comportamento do enfermo de alzheimer. O coidado do coidador", impartida por Maxi Rodríguez, psicóloga especializada en psicogeriatria...