CHARLAS FORMATIVAS A FAMILIARES E ENFERMOS DE ALZHEIMER

venres 10 setembro 2010

Tiveron lugar os días 26, 27 e 28 de Novembro do 2009, nas cales se trataron os seguintes puntos:

 

“As demencias e o alzheimer”; dada por Araceli Rio, médica en Chantada

 

“Coidados do enfermo de alzheimer”, impartida por Ana Belén Fernández, enfermeira en Chantada

 

“Comportamento do enfermo de alzheimer.Coidado do coidador”, dada por Maxi Rodríguez, psicóloga de Afaga (aprazada sen data)

XORNADAS INTERDISCIPLINARES DE ALZHEIMER

venres 10 setembro 2010

No mes de Novembro do 2009,tiveron lugar unhas xornadas de traballo en Sanxenxo, organizadas pola federación, desta asociación asistiron Mª Concepción Otero como presidenta de Afa Chantada, Araceli Gómez, vogal da asociación; Teresa Vázquez, terapeuta ocupacional e Carmen Fernández como traballadora social.

 

Foi todo un fin de semana, no cal se aprendeu moito, e onde se poideron intercambiar ideas sobre as diversas formas de traballar nas asociación federadas, asistiron arredor dunhas 120 persoas e houbo actividades de gran interés.

 

II XORNADAS DO ALZHEIMER

venres 10 setembro 2010


 
Desenvolvéronse entre os días 21 de setembro e o 25 do mesmo mes. As actividades que tiveron lugar foron as seguintes:

 

- luns 21: Inauguración dunha exposición de traballos realizados polos usuarios dos talleres da asociación de alzheimer e polos residentes de Sogaserso Chantada.

Inaugurou Susana López Abella, Secretaria Xeral de Benestar e Familia e Mª Concepción Otero, presidenta de AFA CHANTADA.

A exposición estivo toda a semana no Muíño da Alameda en horario de 12 a 14 e de 19 a  21.

 

 - martes 22: proxección do film Iris, no telecentro as 20h

 

 - mércores 23: obradoiros varios para maiores:

*  musicoterapia, impartido por Rosana Fernández que é a psicóloga de Sogaseso;

*  risoterapia, deuno Elisa Fernández, psicóloga de Afalu, asociación de alzheimer de Lugo,  

*  e, adestramento nas actividades diarias;levado a cabo por Rosana Barreiro, terapeuta ocupacional de Afalu.

 

 - xoves 24: mesa redonda sobre “Recursos para o mellor coidado do coidador”,

* Recursos sociais, explicado pola traballadora social de dependencia do Concello de Chantada;

* Apoio psicóloxico a coidadores e familiares de enfermos de alzheimer; impartido por Elisa Fernández, psicóloga de Afalu;

* Coidados de Enfermería, explicado por Ana Ratón, enfermeira cualificada.

 - venres 25: conferencia sobre: “Aspectos legais da enfermidade de alzheimer”, impartida por Antonio Galbany, abogado e vogal da Asociación de alzheimer de Barcelona.

Clausura das xornadas a cargo do tenentealcalde de Chantada Idelfonso Piñeiro, do director técnico de Sogaserso Miguel Angel Vázquez, e Mª Concepción Otero Álvarez  presidenta de AFA Chantada.

FIRMA DO CONVENIO CON SANIDADE

venres 10 setembro 2010

O día 21 de setembro do 2009 " día mundial do alzheimer", Mª Concepción Otero en calidade de presidenta de AFA CHANTADA e Verónica Porto, administrativa da mesma, asistiron a firma do Convenio con Sanidade nas dependencias da Consellería de Sanidade en Santiago de Compostela.

A esta firma tamén asistiron as demais asociación de enfermos de alzheimer e outras demencias que pertencen a Fagal.

PREPARACIÓN DUN PROXECTO PARA AS XORNADAS INTERDISCIPLINARES DE FAGAL 2009

venres 10 setembro 2010

Durante o mes de agosto a presidenta Mª Concepción Otero Álvarez, e a psicóloga voluntaria e membro da xunta directiva, Dolores Fernández Gómez, prepararon un proxecto para poder levar a cabo as xornadas interdisciplinares de Fagal na vila chantadina. En dito proxecto mostraron os diversos hospedaxes onde se poderían levar a cabo as xornadas de traballo. Ademáis das horas laborais, habera descansos a media mañan e logo a noite, faríase unha cea con actuación amenizando a cea. 
O final ditas xornadas foron en Sanxenxo.

EXPOSICIÓN DE PINTURA DE MANÉ BOÁN

venres 10 setembro 2010

Ó día 1/08/09, na Casa de Cultura de Chantada, tivo lugar a inauguración dunha exposición de pintura; a presidiu a  Secretaria Xeral de Benestar e Familia, Susana López Abella; a esta inauguración tamén asistiu Juan Carlos Bermúdez, presidente de FAGAL, Mª Dora Mazaira,  conselleira de cultura de Concello de Chantada, Manuel Anxo Taboada, alcalde de Chantada, Idelfonso Piñeiro tenente alcalde de Chantada, Mª Concepción Otero ÁLvarez presidenta de AFA CHANTADA, a pintora Mané Boán, e moita xente da vila chantadina; así como usuarios dos talleres diarios da asociación.